QUE É UN BANCO DE TEMPO?
Un banco de tempo é un novo servizo de intercambio de coñecementos, saber facer e experiencia entre a veciñanza do municipio. A moeda de intercambio é o tempo.
Este servizo pretende achegar de novo a comunidade, a que volten a comunicarse e a aprender uns de outros, cada un co seu ben facer invertirá horas en ensinar a outros e a outras pero sempre dunha maneira equitativa, xa que as horas serán controladas polo persoal técnico para que non haxa desigualdades no tempo invertido e recibido.
Por esta razón se chama banco de tempo, é dicir, eu invirto unhas horas pero tamén as vou recibir. Para esta tarefa haberá cheques, horarios, unha sucursal no concello, e unha persoa que se encargará de regular os intercambios.
QUE NON É UN BANCO DE TEMPO?
Non é un voluntariado, xa que no banco de tempo non só damos senón tamén recibimos.
Non é unha forma de realizar traballos ou servizos baratos, encubertos ou remunerados.
QUEN PODE FORMAR PARTE?
As persoas maiores de idade que residan no municipio.
POR QUE FORMAR PARTE?
As persoas usuarias do banco poderán, entre outras cousas:
-
Coñecer novas persoas e crear novos vínculos sociais
-
Fomentar valores como respeto, empatía e responsabilidade
-
Compartir e adquirir coñecementos e habilidades
-
Sacarte dun apuro
-
Axudar ós demáis e tamén que nos axuden
COMO FUNCIONA?
A inscripción será gratuíta e individual. Realizarase unha entrevista previa para saber os servizos que oferta e demanda a persoa interesada en formar parte desta iniciativa e coñecer a súa mecánica.
Tódalas actividades que se intercambien teñen o mesmo valor, que é o tempo que se tarde en facelas.
Cando unha persoa preste un servizo poderá demandar outro. O tempo devólveselle ao banco, non á persoa da que se recibiu o servizo.
A persoa encargada da xestión do banco coordinará os intercambios.
QUE SERVIZOS PODEN EXISTIR NUN BANCO DE TEMPO?
Partimos da premisa de que todas as persoas temos algo que ofrecer e tamén algo que demandar ós demais.
O catálogo de servizos dun Banco de Tempo pode ser tan heteroxéneo e amplo como demanden ou oferten as persoas que participen nel.
Os servizos poden encadrarse dentro dunhas categorías co fin de ordenar o catálogo de servizos. Esta é unha listaxe das categorías nas que podemos encadrar os nosos servizos: