Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Carballo

 

VISITA GUIADA

Entre os días 27 de novembro e o 15 de decembro, pódese visitar a "Exposición sobre a evolución das mulleres galegas no ámbito laboral " no 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo.

Con este motivo, un grupo de usuarias do Banco de Tempo do Concello de Carballo, decidiron organizar unha visita guiada por dita exposición; posto que lles resultaba de gran interés.

Unha vez rematada dita visita, decidiron reunirse para tomar un café, debatir o que acababan de ver e sacar conclusións; así como para propoñer novos intercambios.








 
  • Publicado: Viernes, 11 Diciembre 2009 02:57:59 GMT
  • En: Carballo
  • Permaenlace: VISITA GUIADA
  • Comentarios: 3
  • Leído 1429 veces.
 
 

FEIRA DE ASOCIACIONS EN CARBALLO

O Banco de Tempo de Carballo segue coa súa andadura. E para isto está a realizar labores de difusión.
Entre estas labores destaca a asistencia á Feira de Asociación, que organiza cada ano o Concello carballés na praza do Concello.
Nesta ocasión, o día escollido será o domingo 22 de novembro, coincidindo coa segunda feira do mes.
De igual xeito, estase a difundir a medida, de xeito constante na prensa de maior tirada de Bergantiños e nas emisoras de radio de maior audiencia.
Con todo isto preténdes facer chegar información do noso Banco de Tempo a toda a poboación de Carballo e dos seus arredores.
Contamos coa súa asistencia. Non se esqueza.

 
 
 

Sesión de maquillaxe en Carballo

As usuarias do Banco de Tempo de Carballo participaron nunha sesión do Obradoiro de Coidados da Pel e Maquillaxe.
Durante 3 horas, as participantes escoitaron atentamente os consellos da profesional, e tomaron nota de trucos e técnicas de maquillaxe.


Ensinóuselles a lograr unha maquillaxe discreta para o día e algo máis luminoso para a noite; así como adaptar esas técnicas e cores a cada tono de pel e forma de cara.


Tamén aprenderon a disimular imparfeccións da pel e manchas oscuras, a eliminar as odiadas olleiras e a conseguir un grosor de labios desexado.

O grao de satisfación mostrado polas participantes foi elevado, polo que pactaron intercambios individuais, entre elas, para perfeccionar as técnicas aprendidas nesta sesión.

 
 
 

PRIMEIRA SESION ADICADA OS COIDADOS DA PEL

O Banco de Tempo de Carballo ven de realizar a primeira sesión do Obradoiro de Coidados da Pel e Maquillaxe.
Neste primeiro día as participantes aprenderon técnicas de coidado da pel e prevención das engurras.

Posteriormente fixeron unha limpeza de cute con leite limpadora, aplicaron tónico na pel da cara e pescozo e por último aplicáronse mascarillas. Unhas atrevéronse cas de barro e outras cas antiestrés e o coláxeno.

A verdade é que resultou un éxito; polo que lle demandaron algun intercambio individual, á usuaria que impartiu o obradoiro.

Na próxima sesión aprenderán a usar diversas técnicas de maquillaxe: o máis discreto para o día a día, máis sofisticado para saír de noite e tamén se atreverán co maquillaxe artístico para o entroido.


 
 
 

OBRADOIRO DE COIDADOS DA PEL E MAQUILLAXE



O mércores 10 de xuño, ás 10:30 h terá lugar a primeira sesión do Obradoiro de Coidados da pel e Maquillaxe, organizado polo Banco de Tempo de Carballo.

Unha usuaria deste servizo será a encargada de impartir as sesións teórico-prácticas nas que as participantes aplicarán os seus coñecementos .

Explicaranse os motivos da aparición das temidas engurras na pel da cara e do pescozo; e ensinaranse métodos de prevención.

As técnicas de maquillaxe terán un oco neste obradoiro, no que tamén se tratará detidamente a limpeza de cute.

A asistencia será gratuita e poderán participar todas aquelas persoas interadas, que formen parte do Banco Municipal de Tempo carballés.




 
 
 

Amplíase o Obradoiro de ABALORIOS de Carballo



O Obradoiro de Abalorios que está a impartir unha usuaria do Banco de Tempo de Carballo está resultando tan entretido para as participantes, que mostraron interés en ampliar o número de sesións.

As datas previstas de remate desta actividade estaban fixadas no día 27 de maio, pero trala petición das usuarias e a aceptación por parte da profesora, o Obradoiro continuará ata o vindeiro 17 de xuño.

Neste intercambio, as participantes confeccionaron complementos de moda con abalorios.
As de maior éxito foron as xoias ( os aneis, os pendentes, as pulseras e os colgantes ).

Como en todos os intercambios do Banco de Tempo, cabe destacar a gratuidade destas actividades, nas cales poden participar todas as persoas que formen parte do noso Banco de Tempo.
 
 
 

Obradoiro de Abalorios en Carballo


O Banco de Tempo de Carballo ten previsto o comezo dun Obradoiro de Abalorios para o próximo mércores 29 de abril e estenderase ata o 27 de maio.
Neste taller ensinarase a elaborar complementos de moda con abalorios.
A persoa encargada de impartir a formación será unha usuaria do Banco de Tempo, a cal ten coñecementos na materia.
A asistencia é gratuita, como en todas as actividades que se organizan dende o Banco de Tempo.
O horario será de 17:00 a 18.30 horas e lugar de celebración será o Pazo da Cultura de Carballo, situado na Rúa do Pan s/n.



As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 27 de abril na oficina do Banco de Tempo de Carballo, situada no edificio do antigo ambulatorio. Avda do Ambulatorio s/n, 1º andar.

Para máis información contactar con Sandra Reimúndez no teléfono 622 566 228 ou bancodotempo.carballo@hotmail.com

 
 
 

Bo acollemento do Taller de Deseño e Elaboración de Alfombras



O pasado mércores 11 de marzo dou comezo en Carballo o Taller de Deseño e Elaboración de Alfombras.
Os encargados de impartir a formación foron os alumnos e as alumnas do Centro Ocupacional ASPABER; tódos eles, persoas con discapacidade intelectual.

Nesta primeira sesión, participantes e alumnos comezaron a estreitar lazos e os participantes concretaron o deseño da alfombra que querenn lucir nas súas casas.
Nas próximas clases, que se celebrarán os días 18 e 25 de marzo e o 1 de abril, irán tecendo de cor e lana os debuxos que realizaron o pasado mércores.

Tanto alumnos como profesores, valoraron este intercambio de tempo, como algo moi enriquecedor, xa que para os participantes resulta unha tarefa de aprendizaxe e para os rapaces e rapazas de ASPABER, supón unha ampliación da súa rede de relacións sociais.

A participación foi moi elevada posto que son 26 as personas que están a traballar neste taller, compartindo o seu tempo.

Dende o Banco de Tempo de Carballo espérase que futuros Obradoiros que organice teñan o mesmo éxito e a poboación do Concello se implique de igual xeito que nesta ocasión.



 
 
 

TALLER DE DESEÑO E ELABORACION DE ALFOMBRAS. Banco de Tempo Carballo

O Banco de Tempo de Carballo está a organizar un Taller de Deseño e Elaboración de alfombras, no cal poderá participar toda a poboación do Concello de Carballo.

Nesta caso, serán os usuarios e as usuarias do Centro ASPABER os encargados e encargadas de ceder o seu tempo, para ensinarlles ós participantes e ás participantes no taller, a deseñar ás súas propias alfombras e posteriormente elaboralas de xeito artesanal.


O desenvolvemento da actividade está previsto para os días 11, 18 e 25 de marzo e o 1 de abril ás 17:30 horas, no local de ASPABER, situado no lugar de a Brea, en Carballo.


A participación neste taller, ó igual que en calquer outro que se desenvolva dende o Banco de Tempo, será gratuita. Os interesados poderán inscribirse na oficina do Banco de Tempo, situada no primeiro andar do edificio do antigo ambulatorio de Carballo, ou ben chamar ó teléfono 622 566 228; onde serán atendidos pola Axente de Tempo, Sandra Reimúndez.


Dende o Banco de Tempo de Carballo, queremos animar a toda a poboación do Concello a participar nesta actividade e agraderlle a ASPABER a súa participación no Banco de Tempo; así como felicitalos pola importante labor que están a facer en prol das persoas con discapacidade intelectual.


MOITAS GRACIAS
 
 
 

Presentación Oficial do Banco de Tempo de Carballo

O venres 20 de Febreiro foi presentado, de xeito oficial,O Banco de Tempo do Concello de Carballo.
A este acto acudiron o Alcade do Concello, Evencio Ferrero, representantes da Asociación Mulleralia e a Técnico encargada da coordinación do servizo, Sandra Reimúndez.
No caso de Carballo, o Concello actúa como promotor desta medida, mentres que a Asociación Mulleralia se encarga da xestión; posto que existe un Convenio de Colaboración e Cooperación asinado entre ambas entidades.

As oficinas deste Banco de Tempo están situadas no primeiro andar do edificio do Antigo ambulatorio, e o horario de atención ó público é de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas. O contacto con este servizo poderá facerse de dous xeitos: ben por mail no enderezo bancodotempo.carballo@hotmail.com ou ben a través do teléfono 622 566 228 .
No vindeiro mes está previsto o inicio de actividades de intercambio grupal, coa colaboración de Asociacións da zona.

Dende o Banco de Tempo de Carballo queremos animar a toda a poboación do concello a participar nesta iniciativa, posto que todos temos algo de ofrecer ou demandar.

 
 
Página 1 de 1. Total : 10 Artículos.