OBRADOIRO DE COIDADOS DA PEL E MAQUILLAXE



O mércores 10 de xuño, ás 10:30 h terá lugar a primeira sesión do Obradoiro de Coidados da pel e Maquillaxe, organizado polo Banco de Tempo de Carballo.

Unha usuaria deste servizo será a encargada de impartir as sesións teórico-prácticas nas que as participantes aplicarán os seus coñecementos .

Explicaranse os motivos da aparición das temidas engurras na pel da cara e do pescozo; e ensinaranse métodos de prevención.

As técnicas de maquillaxe terán un oco neste obradoiro, no que tamén se tratará detidamente a limpeza de cute.

A asistencia será gratuita e poderán participar todas aquelas persoas interadas, que formen parte do Banco Municipal de Tempo carballés.