Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Zas

 

BDT (Banco de Tempo) ZAS


O Concello de Zas pon a disposición dos seus veciños un novo servizo: o

“Banco de Tempo”


Este é un sistema de intercambio de servizos e/ou coñecementos entre os veciños do Concello de Zas onde a única unidade de intercambio e de valor é o tempo.



Trátase de crear un marco de intercambio de tempo entre as persoas que axude a resolver problemas da vida cotiá (axudando así a conciliación da vida familiar, persoal e laboral). Un grupo de persoas motivadas para intercambiar tempo invirten horas en ofrecer un servizo ou actividade e a cambio demandan horas doutros servizos que necesiten .



Debemos ter claro que nin é un voluntariado (xa que no Banco de Tempo non so damos, senón que tamén recibimos algún servizo a cambio do que ofrecemos), nin é unha forma de realizar traballos ou servizos baratos, encubertos ou remunerados.



No Banco de Tempo de Zas poderás atopar SERVIZOS relacionados con actividades da vida cotiá como:



- Axudas puntuais con tarefas escolares.

- Realización de favores domésticos.

- Axuda para xestións administrativas.

- Actividades de ocio.

- Labores de coidado ou de compaña.

- Idiomas.

- Trasmisión de coñecementos populares.

- Tarefas relacionadas co ensino de novas tecnoloxías.
- Outras.


A SÚA DINÁMICA É MOI SINXELA:

Unha persoa particular interesada en apuntarse acude á sede do banco de tempo, a axente de tempo recibea e tomalle os datos necesarios. Unha vez conforme cas normas de funcionamento do banco a persoa comenta que servizos está disposta a ofrecer e cales lle gustaría demandar. A partir de ahí a axente de tempo encargarase de poñer en contacto a esa persoa cos participantes do Banco de Tempo que nese momento poden intercambiar servizos con ela.


Polo tanto, calquera persoa inversora que estea disposta a dar unha hora do seu tempo para prestar un conxunto de servizos, recibe a cambio unha hora do servizo doutra persoa, para utilizar en beneficio propio.



Tódalas habilidades terán o mesmo valor, é decir, unha hora é unha hora, independentemente do servizo que se ofreza ou se reciba. Non teñen porque coincidir a persoa que da coa que recibe , o receptor dun servizo deberá ao banco o tempo equivalente, podendo beneficiarse dese tempo calquera membro do banco.



E PODE APUNTARSE ¡TODO AQUEL QUE QUEIRA !



A única condición é que estés empadroado no Concello de Zas e sexas maior de idade.


Tratase de fomentala cooperación entre homes e mulleres, entre persoas de diferente idade e condición, entre autóctonos e recén chegados… co fin de intercambiar tempo e habilidades. Todo o mundo da e recibe e a contribución de cada un valorase por igual. Non importa a idade, sexo ou raza, todos temos algo que ofrecer.



¡INFORMATE SEN COMPROMISO!

Teléfono: 981.70.83.03

E-mail: bancodetempo@zas.dicoruna.es

Ou pregunta pola axente de tempo: Sonia Ramos, na sede do Banco de Tempo:

Oficiñas do Concello de Zas, horario de 9:00 a 14:00 .



 
 
 

O Banco de Tempo do Concello de Zas


O Concello de Zas conta cun Banco de Tempo dende o pasado mes de novembro. Nestes meses, a miña principal labor como persoa responsable da medida foi elaborar a normativa e documentos axeitados para o bo funcionamento do Banco así como deseñar a publicidade necesaria para poder dalo a coñecer.

Con este traballo practicamente rematado, nas últimas semanas puden empezar a informar ós veciños do Concello en que consiste este novo servizo. Para elo, puxenme en contacto coas diferentes asociacións da zona mediante carta, enviei trípticos por todalas casas e colguei carteis publicitarios por distintos edificios públicos. Coido que esta é unha boa forma de que á xente polo menos lle vaia sonando "eso dos bancos de tempo" e se vaia familiarizando ca medida.

Proximamente acudirei os cursos que se están a impartir en Baio e Zas, intentarei reunirme con algunhas asociacións e farei presentacións polas distintas parroquias do Concello, intentando así chegar ó máximo número de xente posible para que este proxecto non lle sexa descoñecido a case nadie.

Aquí vos deixo o tríptico do Banco de Tempo do noso Concello:






 
 
 

Unha breve presentación


Chamome Sonia Ramos Lema e son a axente de tempo do Concello de Zas. Nesta sección intentarei ir poñendo toda a información e novidades relacionadas co Banco de Tempo do noso Concello.

Conto con que esta sexa unha maneira útil de darvos a coñecer de que se trata este servizo e animovos a comentar ou plantexar as dudas que vos surxan, xa que tamén me axudarán a min a optimizar o traballo. So dicirvos que me tedes a vosa disposición e que podedes contactarme vía mail: bancodetempo@zas.dicoruna.es ou chamando ó teléfono do Concello: 981 708 303.

E para acabar de presentarme, aquí vos colgo unha foto: ahí estou eu no despacho do Banco de Tempo do Concello de Zas, o cal espero que algúns de vos acabedes visitando.


Espero que este espazo sexa do voso agrado.

Sen máis, un saudo.

SONIA




 
 
Página 2 de 2. Total : 23 Artículos.